"O XOGO"
Mural de ALBA FABRE 

Pode que Alba nos esté tentando trasladar a algún momento da súa infancia con esta evocadora imaxe… Quén sabe? Sen dúbida os dous cans protagonistas desprenden unha descarada alegría inmersos neste ambiente bucólico.  Como unha polaroid no noso recordo dun día calquera á entrada ou á saída da escola, correndo á par coa túa mellor amiga entre euforia, felicidade, rifirrafes e xogos. Unha imaxe impresionista dunha estampa pracentera, sutil e aberta, coa perfecta ambigüidade para dar os bos días cada mañá á rapazada do CEIP Rosalía de Castro do barrio da Sagrada Familia.  

¿Queres saber máis de Alba Fabre?

Alba Fabre

(CATALUNYA)


Alba Fabre, de educadora social a  artista. O seu traballo caracterízase por un estilo figurativo próximo, en ocasións, ao Impresionismo. As súas obras interésanse pola análise da linguaxe e os conceptos da arte clásica, reproducidas nunha pintura onde a forza e a cor son o centro da atención.


Formouse no Programa de Debuxo e Pintura na Barcelona Academy of Art, onde agora mesmo traballa como mestra. Á par, desenvolve a súa obra persoal no seu estudo situado tamén en Barcelona xunto a outros artistas.

+info:
INSTAGRAM

Localización do mural de Alba Fabre

El contenido de Google Maps no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Google Maps y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra [Política de privacidad]/politica-de-privacidad/. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.

Mostrar contenido

Lugar

CEIP Rosalía de Castro

Enderezo

Colegio Rosalía de Castro, Rúa Río Avia, s/n, 15007 A Coruña

Cando?

Do 13 ao 23 de abril