"REFUXIO"
Mural de IRIA FAFIÁN
📍 CEIP María Barbeito I 12 C. Alcalde Peñamaria de Llano

O mural de Iria forma parte dunha serie de ilustracións e murais que ven desenvolvendo na súa ultima etapa creativa, na que reflexiona e nos mergulla no mundo da maternidade, amosándoo dende diferentes prismas e puntos e vista, abarcando a complexa tarefa da crianza. 


Neste mural profundiza nese proceso vital, simbolizado a través dun animal antropomórfico, neste caso o teixugo, retratado nunha actitude agarimosa coa súa cria e que simboliza a importancia dos coidados e da nosa relación e conexión coa natureza.  Unha boa conxunción de temática e contexto para a situación do mesmo, xa que a obra atópase nunha das paredes do colexo María Barbeito, no barrio de Agra, dando a benvida a nais, pais e crianzas cada mañá. 

Queres saber máis sobre Iria Fafián?

Iria Fafián

(GALIZA) 

 

Iria Fafián experimente coa luz e o espazo nas súas aparentemente sinxelas ilustracións. Galicia como a súa terra de acollida, bríndalle a rica imaxinería influíndo moito na súa obra, así como a natureza, que a artista integra sempre na súa obra, lonxe dunha intención realista e investigando as relacións do ser humano con esta, xogando cos contos clásicos e a filosofía oriental. 

 

Desde o punto de vista formal, séntese atraída polo traballo desde a sinxeleza, con gran importancia da liña, pero abríndose á experimentación explorando territorios gráficos novos e inesperados.

+ Info:
WEB
INSTAGRAM

Localización da parede de IRIA FAFIÁN

El contenido de Google Maps no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Google Maps y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra [Política de privacidad]/politica-de-privacidad/. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.

Mostrar contenido

Lugar

CEIP María Barbeito

Enderezo

12 C. Alcalde Peñamaria de Llano

Cando?

Do 13 ao 23 de abril