"SOLPOR"
Mural de MIGUEL PERALTA
📍 CEIP Alborada | Rúa San José de Calasanz, 5

 

Neste novo mural Miguel explora unha narrativa visual formada por 3 imaxes vinculadas entre sí que nos introducen no seu particular universo máxico. Un submundo onírico que nos fala do paso do tempo, da súa fraxilidade e fugacidade, dos ciclos da vida, cos seus menceres e solpores, da importancia da lentitude e de tomarnos o noso tempo podendo camiñar paseniño e sen presa, aprendendo a desfrutar do camiño e dos procesos. Por último, na última das viñetas, tamén nos fala do crucial da imaxinación que vive en nós, ese ser creativo que nos cohabita dende o comezo da infancia e que debemos descubrir e manter vivo dentro nosa para seguir medrando. 

 

Este tipo de narrativas e esta estética de corte máis infantil nacen en Miguel do seu amor polo debuxo e máis en concreto polo amor polos seus, cunha bonita costume que fai a cotío na súa casa, a de debuxarlle cada día no envoltorio das merendas dos seus dous cativos antes de levalos ao cole. Día tras día, e bocata tras bocata, foi desenvolvendo e introducíndolles este mundo máxico no que se comunica con eles con este tipo de imaxes, nas que se agochan subtextos e mensaxes encriptadas, cheas de cariño, amor e humor, unha relación paterno filial convertida hoxe en mural e un agasallo de grandes dimensións para a rapazada do CEIP Alborada do barrio de Elviña. 

¿Queres saber máis sobre Miguel Peralta?

Miguel Peralta

(Andalucía)


Miguel Peralta é o 50% de Cestola, o dúo artístico que compón xunto á súa parella Xoana Almar dende fai uns anos. Natural de Almería pero con base en Galicia,  o traballo de Miguel é pura poesía visual, cunha sensibilidade e expresividade desbordantes tanto no fondo como na forma. 

O dominio da liña e da pincelada, xunto a un sublime control da cor e da luz dan lugar a fábulas, historias e lendas, imaxes oníricas e fantásticas que fan viaxar ao espectador lonxe de onde os seus murais se atopan.

+ info:
WEB Cestola
INSTAGRAM

Localización do mural de Miguel Peralta

El contenido de Google Maps no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Google Maps y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra [Política de privacidad]/politica-de-privacidad/. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.

Mostrar contenido

Lugar

CEIP Alborada

Enderezo

CEIP Alborada, Rúa San José de Calasanz, 5, A Bj, 15008 A Coruña

Cando?

Do 13 ao 23 de Abril.