Mural de SORTWO
📍Piscina Municipal de Riazor I Av. Habana, 8


O mural de Sortwo serve como conmemoración do 50 aniversario da morte de Pablo Picasso que se celebra este ano 2023 e actúa como homenaxe da cidade da Coruña ao pintor malagueño, que como é coñecido, pasou varios anos da súa vida na nosa cidade durante a súa infancia. 


Sortwo reversiona o Guernica, quizais a obra máis emblemática do mestre do cubismo, misturándoo co seu ecléctico estilo con influencias do deseño, a ilustración e a pintura clásica. Unha impresionante obra que luce dende agora nun lugar privilexiado para o desfrute colectivo da cidade, as paredes da piscina municipal de Riazor. 

Queres saber máis de Sortwo?

Sortwo

 (EUSKADI) 

 

Sortwo naceu e creceu nun pequeno pobo do País Vasco. Atraído pola arte na rúa do seu vecindario comezou a pintar graffiti á temprana idade de 12 anos, convertíndose no seu modo de vida. Traballa con gran variedade de métodos, nunca limitando a súa imaxinación mediante un particular estilo que crea detalladas pinturas surrealistas entre o figurativo e a abstración, o cal o leva a participar en multitude de Festivais de Street Art por todo o mundo. 

 

O seu obxetivo é tender unha ponte entre o real e o irreal, o natural e o antinatural, fusionar a beleza co sublime.

+ info:
WEB
INSTAGRAM

Localización da parede de Mr. Sortwo

El contenido de Google Maps no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Google Maps y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra [Política de privacidad]/politica-de-privacidad/. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.

Mostrar contenido

Lugar

Muros Piscina municipal de riazor

Enderezo

Piscina Municipal de Riazor, Av. Habana, 8, 15011 A Coruña

Cando?

Do 13 ao 23 de Abril.