NOVE NOEL


Primeiro dos resultados da xornada de pintura ao vivo! 

Obra de Nove Noel realizada exproceso ao longo da xornada do sábado e na que podemos ver certa continuidade da súa liña pictórica máis actual, inspirada nas narrativas secuenciais e as artes populares. 

.

Queres saber máis sobre NoveNoel?

NoveNoel

 

É técnico superior en Ilustración pola EASD Pablo Picasso de A Coruña, e Graduado en Comunicación Audiovisual na Universidade de Santiago de Compostela. Traballa no eido da imaxe gráfica e a pintura mural dende o ano 2009. En este tempo desenvolve unha liña pictórica inspirada na narrativa secuencial e a arte popular, intervindo todo tipo de espazos e superficies. Os seus traballos no espazo público poden verse en cidades de España, Portugal, Alemaña, Francia, México ou EE.UU.  Foi 1º Premio Xuventude crea de banda deseñada pola obra “Des Minutos, Urco can” 2019 e XV Frai Martín Sarmiento xunto a María Lado polo álbum ilustrado “ 5 minutos” Ed. Auga 2018.  Recibe becas de creación artística en Córdoba (ES) Angouleme (FR) e Guadalajara (MX) donde completa a súa formación no centro Universitario de Arte, Aquitectura e Deseño (CUAAD), realizando a súa primera exposición individual na Galeria Apollinaire da mesma cidade en Maio de 2016.  Coa súa ultima exposición Ultramarina na Galería La Doce (Boiro) 2022 abre un novo camiño para a súa obra pictórica de estudio.

+ info:
WEB
INSTAGRAM