Mural de PEETA
📍 Praza das Conchiñas s/n


O artista italiano explora unha vez máis o potencial das letras, rompendo coa forma tipográfica xenérica, estilízándoa, abstraéndoa e dándolle volume máis aló da súa mera función semántica para xogar co entorno no que se empraza cada peza, neste caso a famosa praza das Conchiñas. 


O resultado final derivado da evolución das letras model pastel provintes do seus inicios no graffiti acaba dando vida á torre que governa a praza cun tipo único de ritmo visual, creado polas liñas de intersección entre os tramos das superficies rectas, cónicas e cilíndricas. Peeta usa a tridimensionalidade do obxecto e da superficie a pintar como fin para comprender as regras da luz e das sombras, reproducilas unha e outra vez, nun xogo perpetuo no que se combina a investigación estética, as composicións anamórficas xunto con contidos máis persoais e íntimos como a Xeometría Sagrada.  


Queres saber máis sobre Peeta?

Peeta

(ITALIA)


Peeta, explora o potencial das letras, tanto na pintura como na escultura, no seu traballo procura a súa obra artística rompe coa forma tipográfica xenérica, estilízaa e dálle volume máis aló da súa mera función semántica. O resultado final derivado da fusión entre as letras e o estilo tridimensional tradicional acabou dando vida a un tipo único de ritmo visual, creado polas liñas de intersección entre os tramos das superficies cónicas e cilíndricas. O papel da escultura faise esencial para este fin. Representa para Peeta un contacto directo coa tridimensionalidade para comprender as regras da luz e das sombras e reproducilas.


Nos traballos máis recentes combínase a investigación estética con contidos máis persoais e íntimos, mesmo vinculados á espiritualidade, ao estudo da Xeometría Sagrada e á proporción.

+ info:
INSTAGRAM
WEB

Localización da parede de PEETA

El contenido de Google Maps no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Google Maps y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra [Política de privacidad]/politica-de-privacidad/. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.

Mostrar contenido

Lugar

Praza das Conchiñas

Enderezo

Praza das Conchiñas, 15010 A Coruña. 

Cando?

DO 13 AO 23 de abril