“Falar en esperanto, viaxar no tempo”
Mural de SEKONE
📍 Escola Municipal de Música | Rúa la Torre, 67

En palabras do artista:

"A música é a verdadeira linguaxe universal, un dos mellores inventos do ser humano. Permíteche mirar cara o pasado e o futuro, ou sumerxirte no teu presente, nunha viaxe aos rincóns máis profundos do teu propio ser.
Acompáñache nos teus momentos de tristeza, permíteche compartir as túas alegrías e vivir experiencias incribles, tanto en soidade como en comunidade.

A música conéctate con xente que vive no rincón máis insospechado do planeta, sintonízate cun descoñecido sen que ningún dos dous o saibades, compartindo o mesmo sentimento, o mesmo anhelo, a mesma viaxe a través do tempo e o espazo.
A música pode ser oscura, lenta, electrizante, aburrida, apabullante, extraña, fresca, inqueda, elegante, pomposa... A música ten o poder de activarte, de relaxarte, de facerche rir, chorar ou gritar... Sen música non habería baile.

A música é irmá da pintura, do deseño, da moda, da publicidade, da danza, do cine... É unha constante na nosa vida, querámolo ou non.
A música é infinita e un aprendizaxe continuo. Ensínase, apréndese, compártese, pero por enriba de todo, a música se sinte.

Esta é a miña aportación ao festival Istmo 2023, unha reflexión acerca do que significa para min a música, parte inherente do que son e o que fago. Un momento concreto, unha abstracción acerca da idea de sentir, comprender e compartir.

E falando de compartir, creei unha pequena lista con algunhas das cancións que me acompañaron durante os cinco días que pasei pintando este mural sobre as paredes da Escola Municipal de Música da miña cidade de adopción, A Coruña."

Podedes escoitala no seguinte link:
https://open.spotify.com/playlist/18LkfvMtmhrCoEhAjvlwd7



¿Queres saber máis sobre Sekone?

Sekone

Miguel Ruiz Díaz A.K.A Sekone é un artista multidisciplinar a cabalo entre o debuxo, a pintura, o deseño gráfico e o muralismo. A súa permanente curiosidade empúrrao a explorar diversos medios pictóricos, o que dá como resultado unha obsesión polo coidado do detalle e o perfeccionamento da técnica, saltando dun medio a outro e creando un discurso que bebe a partes iguais da nostalxia, o absurdo, o cotiá e a súa propia intimidade vital e creativa. 


Participa en diversos festivais de arte urbana como o festival MUAU 2010 (A Coruña), Desordes Creativas 2013 e 2014 (Ordes) ou MulaCity 2014 (Getafe, Madrid), Rexenera Fest 2017 (Carballo), entre outros, así como diversas exposicións individuais e colectivas.

+ info:
INSTAGRAM 

Localización do mural de SEKONE.

El contenido de Google Maps no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Google Maps y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra [Política de privacidad]/politica-de-privacidad/. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.

Mostrar contenido

Lugar

Escola Municipal de Música de A Coruña 

Enderezo

Rúa La Torre 67

Cando?

Do 17 ao 23 de abril

Mañán e tarde