YOE 33


Segundo resultado da xornada de pintura ao vivo do sábado! Obra de Yoe 33 que se encadra dentro da súa liña de ilustracións e murais protagonizados polas súas recoñecibles personaxes con ese estilo tan persoal, nas que explora a expresividade a través dun complexo manexo da luz e da forma, mesturando a plasticidade da pintura coa xestualidade e a inmediatez do seu sofisticado manexo do aerosol. 

.

Queres saber máis sobre Yoe 33?

Yoe 33

 

Lucense, graffiteiro cofundador de Concepto Circo, sen dúbida e pola súa traxectoria, un dos referentes da escea galega dos últimos anos. 

 

Ademáis do seu traballo de graffiti e mural destaca o seu notable traballo coma ilustrador e deseñador de personaxes con un estilo totalmente recoñecible.

+ info:
WEB
INSTAGRAM