Fillas de Cassandra

MaríaSOA (voz, percursión e piano) e Sara Faro (voz e percusión)  conforman o dúo Fillas de Cassandra, un dos proxectos da nova música emerxente máis prometedor do panorama galego. Transcorrido pouco máis dun ano desde a súa formación e con tan só tres cancións publicadas, a piques de presentar o seu primeiro traballo, (Acrópole. Febreiro. 2023), acumulan xa ás súas costas máis dunha vintena de concertos.

A súa é unha aposta pola recuperación das melodías tradicionais e a creación de novas líricas, inspiradas na no canto de tradición oral, pero tamén influenciadas polo pop, a electrónica e a música clásica. 

O espectáculo que propoñen co seu primeiro disco bebe do teatro, convidando ao público a ser parte dunha viaxe ao longo da historia, da man dos nomes das heroínas que rescatan da mitoloxía clásica e cos que pretenden estabelecer un diálogo, recoñecendo as súas vivencias presentes como mulleres nas das súas devanceiras. 

Sempre desde unha ollada feminista e actual, as súas composicións transitan da emotividade ao desenfado vibrante sen esquecer o activismo, logrando conectar cun público interxeneracional. 

O piano e as diferentes percusións son apoiadas por bases electrónicas que, a pesar da súa potente sonoridade, capaz de instalar atmosferas de por si soas, non eclipsan nin as súas letras nin as súas voces, sempre nun primeiro plano grazas ás súas armonias vocais moi coidadas.

SPOTIFY
INSTAGRAM

YouTube

El contenido de YouTube no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a YouTube y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra [Política de privacidad]/politica-de-privacidad/. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.

Mostrar contenido