ISTMO 

A unión entre a a arte e a rúa, a conexión entre a cidade histórica e os barrios.


Comeza a primeira edición do proxecto de arte urbana de A Coruña que achegará varias intervecións muralísticas dirixidas a construír un gran galería de arte pública na cidade.

 

As accións levaranse a cabo do 13 ao 23 de abril por unha selección de destacados artistas do panorama internacional, nacional e galego do muralismo contemporáneo. O cartel desta primeira edición fórmano  Sekone (Galicia), Miguel Peralta (Andalucía),  Peeta (Italia), Alba Fabre (Cataluña), Mr. Sortwo (Euskadi) e Iria Fafián (Galicia). 

 

6 intervencións murais en 6 localizacións diferentes da cidade, que axudarán á rexeneración e a dinamización das zonas nas que se leven a cabo, facendo que tanto a poboación local coma os visitantes,  adquiran un incentivo para visitar e desfrutar por medio da arte urbana desas zonas a priori menos visitadas. 


Para dar a pincelada final ao festival o evento complétase cunha xornada musical no Parque de Sta Margarida, unha xornada gratuíta no que se reune unha mostra da música urbana máis actual coa fusión tradicional e electrónica de Fillas de Cassandra, o trap sen complexos de Boyanka Kostova ou un dos máis destacados artistas do hip hop nacional como é Bejo. Todo isto acompañado dunha exhibición de pintura ao vivo con dous artistas destacados do panorama galego como son Nove Noel ou Yoe33.

MAPA ONLINE

- Localiza as paredes nas que estarán pintando os 6 artistas durante a semana do festival. (Pincha nas iconas cos rolos)

🎨 SEKONE / Escola Municipal de Música / Rúa la Torre, 67
🎨 MIGUEL PERALTA / CEIP Alborada /  Rúa San José de Calasanz, 5,
🎨 ALBA FABRE / CEIP Rosalía de Castro / Rúa Río Avia, s/n
🎨 PEETA / Praza das Conchiñas s/n
🎨 IRIA FAFIÁN / CEIP María Barbeito / Rúa Alcalde Salorio Suárez, 28
🎨 MR.SORTWO / Piscina Estadio de Riazor / Rúa Manuel Murguía, S/N

ISTMO MÚSICA / 22 ABRIL / PARQUE STA.MARGARIDA
(pincha na icona co micrófono)
Localiza o lugar dos concertos no parque de Santa Margarida.
🎤 BEJO
🎤 BOYANKA KOSTOVA
🎤 FILLAS DE CASSANDRA
+
Pintura ao vivo con NOVENOEL e YOE33

MAPA ONLINE